viernes, 21 de abril de 2017

o rei dos animais fai pompóns

Esta semana....O peques coñeceron ao Rei dos animais peeeeeero, era de verdade o Rei dos animais? Teredes que botárlle un ollo ao libro se o queredes saber, porque nós non facemos spoiler.





 E asi de bonito quedou o noso mural cos diferentes animais que habitan a selva.....Que ben traballan cando queren!
 O xoves, pola contra, aprendimos a facer uns pompóns dun xeito un pouco diferente. Cos nosos dediños. E quedaron cuquis, cuquis.






jueves, 20 de abril de 2017

Día 2 de maio. Non lectivo.

AVISO  AULA -  FESTIVO ESCOLAR 2 DE MAIO



O vindeiro 2 de maio será NON lectivo no CEIP Benchoshey, os/as usuarios/as da Aula Concilia que necesiten utilizar o servizo ese día deberán inscribirse na propia aula ata o día 27 de abril.

Un saúdo!!! 

martes, 18 de abril de 2017

Semana Santa

Bos días pola mañá familias. Esta semana santa estivemos moi ocupados divertíndonos na Aula. Como fixo bo tempo as volvoretas apareceron por aquí e encheron todo de cor. O sair de aquí foron directas as vosas neveiras pois tiñan un superimán.







Cando se viu unha semana santa sen coellos?????. Fixemos unhas caixiñas en forma de coello para poder meter os ovos de pascua que nos den (claro que algún/ha vai necesitar varias con todo o chocolate que lle dan)



Como traballaron estes pequenos co Paracaidas, son uns expertos subindo e baixando, escondéndose.





E non so os pequenos, os maiores pásano xenial tamén.




Cunhas cantas pinzas de madeira e unha foto conseguimos facer un caballete que xa lle gustaría a Picasso poder ter un destes na súa época.






E os mais cativos convertéronse en coellos moi blandiños de algodón. 





Só nos fai falla algo de música para que os nosos pes cobren vida e comecen a bailar. 








Atención familias: temos uns megareposteiros super dicharacheiros. Fixemos galletas, piruletas de chocolate e bombóns. Que rico estaba todo!!!!!!




















E para rematar tivemos a búsqueda do tesouro na que un coelliño moi travieso agochou unha morea de oviños de chocolate para que os nosos/as piratiñas os atopasen e fosen directos as súas barrigolas.