martes, 29 de marzo de 2016

Semana santa 2016


Bos días Piratas. Eiquí vos vai un resumo destes días de Semana santa no barco.

Empezamos con moita forza e cun contiño chachi pirulis. "O máis grande e bonito ovo de pascua", cun sinfín de probas máis que fáciles para os nosos entrenados piratas!




 Máis tarde, atopando o noso barco un pouco sosiño, decidimos crear uns tápices para colgar nas portas e paredes dos noso camarotes, até os máis cativos conseguiron facer auténticas marabillas, fío vai fío vén....




 E para voltar a pasar un ratiño agradable....Retomamos os contacontos, desta vez cun clásico entre os clásicos " A que sabe a lúa?"... A nos, sábenos a gominolas e algodón de azúcre....E a ti???



Pero como non todo vai ser estar no barco, decidimos pasar a mañá paseando polos arredores.

E aproveitando o día, limos un conto clásico pero revisado....Quen minte? a quen lle crece o nariz neste conto??? "Érase dúas veces Pinocho", se non coñedes estes contos, as piratas maiores recomendánnos moi e moito.

 Ademáis de pasear, xogar ás agachadas e pasar un bo rato ao sol e en boa companía.


 O último día, pasou pola aula un coelliño moi simpático que deixou escondido unha chea de oviños....Aló nos fumos os piratas a buscalos. Mmmmmmmm, que ricos estaban!!!!!


E vos, como vós foi a Semana Santa???

miércoles, 16 de marzo de 2016

De corazóns e visitas ao pabellón

Esta semana, están pasando moitas cousas.... Polas tardes, tivemos visita ao Pabellón, e que emoción ir a ver aos noso compis de barco facer unha superexhibición de Ximnasia Deportiva.....Que saltos maremía!!!!


 Outro día, e como últimamente somos máis ben pouquiños.....A gripe ten parada ao barco pirata, aproveitamos para facer cousiñas que necesitan moita concentración....CORAZÓNS DE ORIGAMI!!!

 "lA CAJA DE LOS TESOROS" Pode haber mellor título para un pirata orgulloso???? Pois, seguramente NON!!!Asi que limos con moito entusiasmo o noso libro, e decidimos facer unha megaxenialcaixadostesouros!!!




E para rematar.....ADIVIÑA, ADIVIÑANZA....Que é o que andarán argallando os e as piratas das mañás??? Aaaaaaaaaaaaaah!!!! Sorpresa, sorpresa!! Vos estade atentos a esa caixiña pequena que tendes na porta das vosas casas!!!!

Abur piratas!!!!!

Gústannos os monstruos

Os piratas son amigos dos monstruos, por eso este mes adicámonos a coñecer a algún. Lemos o libro "Onde viven os monstros" e fixemos o noso propio monstro.

A primeira parte do noso montro foi bastante fácil de facer, collimos aos piratas máis monstruosos e debuxamos unha silueta, despois divídimolo en varias partes e cada grupiño de piratas fixo o que mellor lle pareceu.

Para a segunda parte, fomos buscar polos arredores do noso barcos, cousas, cousiñas para decorar....Follas, polas, ourizos, flores.....


E VOILÁ o resultado!!!!

miércoles, 2 de marzo de 2016

Tarde de conto

Este luns os piratiñas rimos a gargalladas con Carabuñas,  un bruxo comenenos, e Branca, unha nena "astuta como un raposo e lista coma un moucho".





Xogamos reciclando!!

Os piratas da aula miramos polo noso planeta. Dunhas botellas de plástico fixemos un xogo de bolos. Animádevos a reutilizar as vosas botellas!!