viernes, 29 de abril de 2016

A vaca Marela e o cabalo Batuxo

Os nosos piratas son moi xeitosos co pico e a pala e non vexades que construccións fixeron. Estamos moi ilusionados co novo LEGO 






Pola mañá apetecíanos facer de escritores e cada grupo tiña que escribir o seu conto despois de coller 4 obxectos dun saco. Tedes uns piratiñas moi  creativos!!!!!!






O barco pirata atracou no mundo animal e aos piratiñas fíxolle moita ilusión ver a vaca Marela e o seu fillo, o cabalo Batuxo, os porquiños e o resto de animais. Papas piratas: que sepades que os vosos fillos querían levar todos para casa.










martes, 26 de abril de 2016

Que cousas fixemos!!!!


Esta semana vimos unha peli moi chula (Del Reves) que fala de Ledicia,  Medo, Ira, Asco e Tristeza, que son as emocións que todos temos. Nos preferimos a Ledicia. Con cal vos quedades vos?




Como os piratas ainda que teñamos pata de pau podemos bailar moi ben, decidimos marcarnos uns pasos e unhas coreografías moi complicadas.




Lemos un libro moi prohibitivo: "Lucinda e o Inspector Vinagre". Este inspector prohibía todo o que non lle gustaba (era moi cascarrabias) así que nos fixemos tamén o que non nos gusta. Prohibido: comer coas orellas, pensar coa barriga, camiñar polas paredes, respirar co embigo, ter portas....






lunes, 25 de abril de 2016

Ponte Letras Galegas

Piratas e piratillas, dende o día 26 de abril ata o día 9 de maio podedes anotarvos para a ponte do 16 de maio no seguinte enlace

miércoles, 13 de abril de 2016

Queremos aprender



Ola amigas e amigos. Temos un lio moi lioso entre v e b, ou entre h e sin h así que decidimos colgar as normas para poder consultar cando teñamos dúbidas. Así vemos si as VACAS teñen manchas e comen herba ou levamos as bicis na BACA do coche. (bueno, se algún de vos ve 1 vaca encima dun coche: quitádelle unha foto, ohhhhhhhh).






Hoxe puxemos a funcionar os nosos cerebros de inventores e creamos un conto con debuxos. Temos moita imaxinación!!!!!!!!!!  









Onde estan as chaves?????

Quen  non perdeu as chaves algunha vez que levante a mán!!!!!

As/os piratas somos moi despisatdos, por iso decidimos facer uns chaveiros requechulísimos e ben grandes, par atopar as chaves do noso camarote á primeira.














lunes, 11 de abril de 2016

Proxecto monstro

Ola ola amigas e amigos.....

Por fin desvelamos o misterio do noso PROXECTO MONSTRO....Despois de levar traballando toooooodo (ler contos, inventar, debuxar...), eiquí tendes o resultado.
Pero primeiro, unhas fotiños do proceso e máis abaixo....un enlace a Youtube co resultado.







E eiquí o vídeo dos montruiños!!!!!

GOZADE MOITO!!!



Imáns para neveiras

E preguntaredes.....Teñen o piratas neveiras no seu barco??? Pois si, temos. pr iso decidimos decorala con moitos imáns!





martes, 5 de abril de 2016

Cousiñas varias

Sabedes que fixemos estos días: pois un MARCO caixa. Ehhhhh? Eso que é? Pois metemos unha paisaxe dentro dunha caixa. 


 Ao principio parecía raro pero que bonitos nos quedaron, verdade?

Estamos super super super emocionados. Acabamos de inaugurar o noso Supermercado. O SUPERBENCHO, con ofertas a tuttiplen.




E que vivan as merendolas.....Ai!!! como nos gustan!!!!


E despois de xogar, toca LIMPEZA!!!!