miércoles, 30 de abril de 2014

Información para o verán 2014



AVISO INFORMATIVO VERÁN 2014
         O Programa Concilia infórmavos de que o prazo para inscribir @s nenos/as PARA AS ACTIVIDADES DO VERÁN 2014 COMENZARÁ O 19 DE MAIO E REMATARÁ O 30 DE MAIO (ambos incluídos)
A partir dese día, poderán achegar a inscrición, xunto coa documentación que se describe a continuación, na aula d’Abaixo ou por medio do correo electrónico.
·        A ficha de inscrición do Verán 2014 .
·        Declaración xurada de estar empadroado no Concello de Pereiro de Aguiar.
·        Certificado da empresa de traballo no que figure o horario laboral dos Pais/nais nos meses do verán.
-       Os autónomos terán que cubrir unha declaración xurada indicando o seu horario.
-       A condición de familia monoparental acreditarase mediante a fotocopia da sentenza de separación, divorcio, nulidade ou medidas paterno-filiais.
*Esta documentación deberá ser presentada por TODOS/AS.
A ficha de inscrición, declaración xurada do empadroamento e a declaración xurada para os autónomos deberanse solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula d’Abaixo.
IMPORTANTE: Só se recollen instancias completas e dentro do prazo.
Moitas grazas, un saúdo
OS MONITORES DA AULA D’ABAIXO
         Servizo Concilia do Concello de O Pereiro de Aguiar
30 DE Abril de 2014

miércoles, 23 de abril de 2014

O coello de Pascua xa marchou...

Ola a todxs: Esta é unha recopilación das mellores imaxes tomadas polo nosos móbiles, das actividades que fixeron os rapaces e rapazas da Aula Pirata.

Fixeron bombas de semente e o día seguinte as lanzaron por tódolos xardíns da escola para ver se logramos que sexan máis bonitiños.
 Tamén organizamos unha búsqueda dos ovos de pascua que o coello perdera na escola. Para ir ben preparados amañaron a súa propia cesta con foam. Despois de de atopalos os comeron con moitas ganas.


 
Con moitas, moitas!!



 Finalmente para rematar as actividades os rapaces e rapazas maiores escribiron e ilustraron o seu propio conto, "A princesa Capisura salva a súa nai". Unha vez rematado léronllo aos máis pequenos.

viernes, 11 de abril de 2014

Navegando co cole. Voz Natura.

Había unha vez.....nun cole moooooooooooooi pretiño, unha profe chamada Celi que todos os anos argallaba algunha actividade para que os nenos e as nenas da contorna aprenderán moito máis sobre: a reciclaxe, a auga, os ríos, os mares, os peixiños...

E bueno, xa sabedes o que os piratas adoramos todo o que teña que ver co mar e as grandes superifcies de auga. Asi que, cando nos chamou para que lle botáramos unha mán e, pensáramos nunhas actividades para aprender xogando despois de sortear non poucas fochancas e areas movedizas, non o dubidamos máis e, por fin, puidemos ir a coñecer a todos os profes e a todxs os nenxs do cole do Ben-Cho-Shey.

O primeiro e o segundo día da nosa nova aventura estivemos cos grumetes máis pequechos aprendendo as artes da pesca!








O terceiro e o cuarto saímos ao mar, ou a o río maís ben, cos de 1º e 2º ciclo. Temos tanta ansia de coñecer o que nos rodea que non puidemos parar de correr! Estes axudantes a contramestre nadan coma troitas, lampreas ou salmóns.












Moitas grazas a todxs os mestres por aturarnos con bó humor, e ó alumnado por entregarse tanto.
Estáde atentos nos próximos días que actualizaremos con novas fotos e con enlaces ós blogs das mestras.

Barco de plastilina

Boooooos Días.

Antes de que cheguen as vacacións deixámosvos unha nova entrada. Os pequenos piratas da nosa aula traballaron arreo para facer  o seu pescador/pescadora de plastilina.  O noso pescador pode estar pescando nun rio, nun encoro ou no mar. Podémolo utilizar para decorar as nosas estanterías ou como pisapapeis. Felices vacacións!!!!!





viernes, 4 de abril de 2014

Tarde de Educamóbil

Onte tivemos unha tarde un pouco diferente.
1º Xuntámonos tod@s ao saír de clase
2ºDeixamos o noso macuto e cruzamos a temible Illa Patioski chea de horrible bechos e árbores carnívoras.

3ºUnha vez superados todos os obstáculos, chegamos ao marabilloso navío de lecer.



Pero a verdadeira dirversión estaba......DENTRO!



4º Repoñer forza para o que vén despois (uns seguirán no navío do lecer e outros....pois a estudar un pouquichiño para ser os Masters of see).
Ata logo amig@s!!!!