viernes, 29 de noviembre de 2013

O Apalpador


 E isto é o que andivemos facendo polas mañás.


 http://www.albergueoapalpador.com/Imagenes/Datos/135/03_06_2010-9_23_35-apalpador.jpgO conto do Apalpador (Tamén coñecido por O Apalpalador)



.Para quen no coñeza ben ao Apalpador eiquí e eiquí tamén deixamos unhas reseñas dalguns libros que falan do noso amiguiño.

E tamén deixamos a lenda resumida por un bo amigo da aula.


Contan os vellos que lonxe, na montaña,
vive un xigante, de grande barba e oficio carboeiro,
cun corazón tan grande, que non lle cabe no peito.
Chámanlle a este xigante, Apalpador no Courel
e noutros lares, Pandigueiro.
A véspera de Nadal, baixa da montaña co seu saco,
cheo de presentes, castañas e caramelos.
Visita o xigante as casas, de todos aqueles cativos,
que nel acreditan. Cando están ben durmidiños,
fálalles ao ouvido e deséxalles un ano bó,
cheo de amor, ledicia e por suposto,
moito tempo para xogar!
Finalmente, para se despedir, apálpalles a
barriguiña, para ter certeza de que estea ben chea.
Despois, marcha tan silenciosamente como entrou,
pensando brincallón, na cara de nenas e nenos,
cando á mañá seguinte vexan
todos os presentiños que lles levou.

jueves, 28 de noviembre de 2013

Lapiseiro con pinzas

No afán pola reciclaxe decidimos darlle un novo uso as pinzas vellas de madeira transformándoas nuns orixinais lapiseiros.




miércoles, 20 de noviembre de 2013

Imos para a India e "Que quero ser de maior"

Ola ola a tod@s!

Temos moitas novidades, a primeira de todas é que onte, @s piratas máis nov@s, colleron o barco e partiron a terras Indias, foi marabillos, viron paisaxes descoñecidas, coñeceron costumes diferentes e sobre todo, quedaron pampos cuns elefantes de cores. Pero, AIIIIII!!!! Estes piratas despistad@s esqueceran a cámara de fotos e para poder explicarnos como eran eses elefantes tiveron que recrealos.


A segunda historia divertida foi que hoxe, mentres @s máis maiores do cole marcharán á Tecnópole a ver como se traballa nesas fábricas, @s piratas máis pequech@s quedaron gardando o barco, e nesas estaban cando un deles atopou un curioso libro que falaba dos oficios ( "- e que é iso dos oficios, preguntaron @s demáis piratiñas.").
 Asi que lendo e investigando, descubriron moitos oficios e, deixando voar as súas poderosas imaxinacións trataron de pensar o que sería non ser pirata e, a cambio ser:

Policía
 Barbie
 Cociñeiro
 Camioneiro
 Veterinaria
 Ou, médico.
 Esperemos que de tanto pensar estes piratiñas nós non decidan abandonar o barco e adicarse a outra cousa!



jueves, 14 de noviembre de 2013

O Outono!

Xogando co outono antes de que chegue o inverno!




miércoles, 13 de noviembre de 2013

Árbore de refugallo e borlas.

Despois de uns días podemos rematar unhas preciosas árbores de cartón.

Aquí tedes o proceso enteiro nun par (ou dous) de fotos.



Aquí o ledo propietario dunha fermosa árbore cartonil....


















Fe faquí femos funha frondosa fraga fe frefugallo



Ademáis tamén tivemos tempo para facer unhas bonitas borlas para decorar os macutos dos piratas.
 Facéndoas con coidadiño, non vaia ser que nos cortemos coas tesouras ou nos peguemos coa cola.




Reporteiro investigante...



O noso reporteiro investigante, logrou despois de moitos esforzos unha grande primicia.

Conseguíu sacar ás escondidas unhas fotos da obra de teatro que andan a facer os nosos tripulantes piratas.

Parece que é algo grande, moito cambio de esceario, centos de extras, miles de cartos en atrezzo, millóns de focos e centillóns gastados no equipo de son.

Unha obra que podería estar nas mellores salas da Universo, galaxia arriba, galaxia abaixo...

2ºPremio da Escola Galega de Consumo

A escola galega de consumo premiou cun agasallo aos nosos nenos como 2º clasificado no concurso de videos do programa Lecerconsumo realizado en Facebook. co vídeo "Concello Pereiro de Aguiar: visita Pereiro de Aguiar". 

Aquí podedes ver aos nenos cos seus agasallos. Moitas gracias a todos.





viernes, 8 de noviembre de 2013

Oído cociña

Esta semana traemos novidades, pero desta volta é unha manualidade feita por os monitos...

Cortar, medir, cortar, pegar, admirar... Que ben o pasamos no proceso!


E eiquí vai o resultado:

- O forno e a vitro:

(tedes que perdoar, pero non sabemos que pasa, algunhas fotos son moi tortas e non lles gustan saír dereitiñas)

-A neveira:


 Ca súa oveira, 
 A súa neveira,
 E claro esta o caixón do conxelador

E este é o resultado final:
 
 E, listo para xogar!

lunes, 4 de noviembre de 2013

Unha sorpresa na fin de semana

Ola piratas e piratos!!!!

A ver si notades algo diferente nesta foto!
Premio ao máis agudo! Temos novas cores nas paredes...Agora si que parece unha aula para aprender, xogar e divertirse!!!

Queremos dar as gracias ao Dire Antón e tamén aos pintores que foron moi rápido e moi eficientes!!!


Saudo piratas!