lunes, 27 de mayo de 2013

Inscrición verán



Queridos pais e nais:

         O Programa Concilia infórmavos de que o prazo para inscribir @s nen@s PARA O  VERÁN (Do 25 de Xuño ó Inicio do Curso Escolar 2013- 2014) queda aberto.
Para anotar ó nen@ é OBRIGATORIO  entregar na Aula D’abaixo:

·        A ficha de inscrición do verán 2013 (que poden solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula D’abaixo).
·        Certificado de empadroamento do nen@ OU do pai OU da nai OU dos titores legais.
·        Certificado da empresa de traballo no que figure o horario laboral dos Pais/nais.( Os autónomos terán que cubrir unha declaración xurada do seu propio horario)

*QUEDAN EXENTOS DE ENTREGAR O CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO E OS CERTIFICADOS LABORAIS TODOS AQUELES NENOS QUE XA OS ENTREGARAN PARA O CURSO 2012-2013.
Moitas grazas, un saúdo
OS MONITORES DA AULA D’ABAIXO
27 DE MAIO de 2013

jueves, 23 de mayo de 2013

Curta e Lipdub!!!Aí o tedes impacientessssss!!!

Bueno, xa podedes disfrutar en vivo e indirecto das marabillas que fixeron os tod@s @s chaval@s da aula madruga e da aula de teatro do servizo concilia!

Veña piratas, a bailarrrrrrr co lipdub e a sorprenderse ca especialísima historia de Carapuchiña!!!

E xa foi o noso Festival

Señoras e señores, mamás e papás, nenas e nenos, a todoas e todos, moitas gracias por vir!

Aí vós deixamos unhas poucas fotiñas, pero si queredes ver máis ide directamente o noso facebook , pq no blog resulta moi comlpicado subir fotos!

En breves teredes a vosa disposición os vídeos. A curta e o libdub.







miércoles, 15 de mayo de 2013

V Festival Fin de curso Pirata!

Estimadas e estimados todas/os:


Recordárvos que o día 22 celebramos o fin de curso e o principio de verán. IUpiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!!!!

E para celebrar tan magno día, teremos o noso festival de teatro ca participación das nenas e nenos de teatro da aula pirata pero tamén e como novidade, unha sorpresa realizada polas/os máis madrugadores do cole, que xa de mañá decidiron preparar unha cousa para despedirse con bo humor e moito optimismo!

Será o día 22 de maio, ás 18:15 na aula d'abaixo. Eiquí vos esperamos!!!

PREAVISO PRAZO VERÁN

Bos días!!

Avisamos que o vindeiro día 27 DE MAIO
Comeza o prazo para a inscrición nas actividades de verán da Aula Pirata.
Para se aceptados coma grumetes e mariñeiros os aspirante terán que presentar:



 OBRIGATORIO  

·        A ficha de inscrición do verán 2013 (que poden solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula D’abaixo).
·        Certificado de empadroamento do nen@ OU do pai OU da nai OU dos titores legais.
·        Certificado da empresa de traballo no que figure o horario laboral dos Pais/nais/titores legais ( Os autónomos terán que cubrir unha declaración xurada do seu propio horario)

*QUEDAN EXENTOS DE ENTREGAR O CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO E OS CERTIFICADOS LABORAIS TODOS AQUELES NENOS QUE XA OS ENTREGARAN PARA O CURSO 2012-2013.



ATENCIÓN, AVISO PARA CONSEGUI-LOS CERTIFICADOS
NON SE ACEPTARÁN FICHAS DE INSCRICIÓN ÁTA O 27 DE MAIO

miércoles, 8 de mayo de 2013

Paxariños e catrinas

Onte tivemos un día coma mínimo inspirado.

Por un lado fixemos unha boa morea de galletas para paxariños e tivemos unha sorte de obradoiro de maquillaxe.

As galletas para paxaros non deixan de ser un mistura de xelatina neutra con alpiste para paxaros. Forma unha masa que ó deixala arrefríar metida en mldes molóns, consigue consistencia suficiente para que parezan as galletas. Aínda que é moito millor unhas imaxes!!




 E no obradoiro de maquillaxe fixemos unhas catrinas, directamente dende México, maquillaxe festivo para o día dos mortos daquel país.





lunes, 6 de mayo de 2013

Inscrición para o 20 maio

Piratas e piratos!

O 20 de maio non haberá cole, asi que a aula pirata abre as súas portas en horario de mañá (de 7:30 a 14:30).

Para asisitir tendes que facer a inscrición, coma sempre.

Para máis info, podedes chamar, mandar mail ou incluso deixarnos unha mensaxe amorosa aqui no noso blog, estremos encantadas/os de contestar!!!!!

E-mail: aula_obradoiro@hotmail.com

Móbil: 677 838 878 de 7:30 a 11:30 e de 16:00 a 20:00

http://piratasdaauladabaixo.blogspot.com/