lunes, 25 de marzo de 2013

O día do teatro!

Esta semana pasado, o mércores celebramos o DÍA MUNDIAL DO TEATRO, que si ben se celebra o día 27, aqui os piratas tiñamos moita ansia por celebralo xa!!!


E organizamos unha merendiña, cantos, xogos...Unha tarde divertida e moi teatreira!!!!



viernes, 22 de marzo de 2013

Busca baliza

Produccións a vaca pirata esta de volta e presenta  un novo vídeo sobre orientación espacial con compás. Esperamos que vos guste!

Buscando a baliza

miércoles, 20 de marzo de 2013

Preparándonos para a primavera con manualidades






 

Como xa está chegando a primavera, aquí no soto do Bencho, na Aula Pirata xa vamos adiantando eses días de sol, risas e bo tempo.








Así que de momento para protexernos de ese sol "mataor"  os máis cativos fixeron uns elegantes sombreiros cordobeses con artóns epintados a man, e que visten con ledicia, ghusto e eleghansia.















E os maiores preparándose para volver a xogar o aire libre fixeron uns discos voadores de cartón  e que faltoulles tempo para probar no patio cuberto.

martes, 19 de marzo de 2013

Dossier de orientación para nen@s de primaria 3 ciclo

Ola a todos e todas, a continuación presentamos e compartimos con todos vos un dossier/ anexo de unidade didáctica de orientación con compás para o terceiro ciclo de primaria.
Hola a todos y todas, a continuación presentamos y compartimos con todos vosotros un dossier/ anexo de unidad didáctica de orientación con brújula para el tercer ciclo de primaria.


Orientación con compás para neno-as de primaria

O sobre colorido

Parabéns a todos os papis, Josés, Xoses e Pepes!!!!

E por certo, chegou algún sobre colorido a casa hoxe???

Si é que si, podedes facer unha fotiño da cara de papi abrindo o sobre e mandala ao noso facebook, para que vexamos a vosas cariñas de ilusión!

Recoñecedes algunha????


martes, 12 de marzo de 2013

Obradoiro de martes 12-03-2013

Hoxe, ainda que non parou de chover en todo o día, os piratas tivemos un día moi animado. E pensando na primavera trompetera que se achega paseniño paseniño, os máis pequechos fixeron unha árbore verde e chea de froitas.
Mirade, mirade:





  E os maiores adicáronse ó fermoso arte da costura para facer unhas pequenas marionetas perfectas para seus dedos, e xa están dispostos para a función, pasen e vean, donas e cabaleiros, A ghran historia dos dedos piratas!!






viernes, 8 de marzo de 2013

Orientación






Para saber orientación, temos que ser moi amigos dos puntos cardenales. E para iso, temos que coñecer á Rosa dos ventos, e ser capaces pase o que pase, de mirar cara o norte.
Imos avanzando pouco a pouco para ser auténticos exploradores.



conto para contar mentres se come un ovo frito

Esta semana manu contounos un conto curioso curioso no que saían: o neno Xan, ovos, unha tía Helena, un alcalde e unha morrea máis de persoaxes moi singulares...
Se tendes curiosidade, pasade pola biblio ou facedes-vós con el. Os contos son moi divertidos e contan historias extraordinarias.

Moitas gracias Manu, e moitas gracias Rata Lectorina!





SEMANA SANTA 2013



Queridos pais e nais:

         O Programa Concilia infórmaos de que o prazo para inscribir @s nen@s PARA O  SEMANA SANTA(DÍAS 25,26,27 MARZO E 1 DE ABRIL) queda aberto.
Para anotar ó nen@ é OBRIGATORIO  entregar na Aula D’abaixo:

·        A ficha de inscrición do curso 2012-13 (que poden solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula D’abaixo).
·        Certificado de empadroamento do nen@ OU do pai OU da nai OU dos titores legais.
·        Certificado da empresa de traballo no que figure o horario laboral dos País/nais.

*QUEDAN EXENTOS DE ENTREGAR O CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO E OS CERTIFICADOS LABORAIS TODOS AQUELES NENOS QUE XA OS ENTREGARAN PARA O CURSO 2012-2013.
Moitas gracias, un saúdo
OS MONITORES DA AULA D’ABAIXO
8 DE MARZO de 2013

jueves, 7 de marzo de 2013

As manualidades desta semana son...


 ¿Que estarán pensando en facer  estes pequenos enxeñeiros?




 Despóis de moito razoar, ¡puxéronse a traballar!





 O traballo ten algún inconvinte jajaja pero... ¿pagará a pena?



 ¡Claro que sí! Hoxe deseñaron unha fantástica carpa xaponesa facendo unha pequena homenaxe ao Oriente, e unha precisa e preciosa avioneta utilizando unhas pinzas. ¡Guau! ¡Que xenios! Sempre superándose, ¿qué farán a próxima vez? jeje

Un saudiño



miércoles, 6 de marzo de 2013

DÍA DE XOGOS DE MESA








Comezamos a semana cuns marabillosos xogos que nos axudan a espertar pouco a pouco e a pensar un pouquiño máis, pero por suposto sempre o facemos ríndonos e divertíndonos, ¡ Non o sabemos facer doutra maneira! jejeje

viernes, 1 de marzo de 2013

Festival de baile. Modo mañanil!

Hoxe e por pedición popular celebrouse un espectaculaer festival de baile na aula pirata.
A verdade é que levábamos toda a semana organizado tan magno evento. Estivo xenial, e a participación por parte d@s piratas foi exemplar!!!