jueves, 31 de enero de 2013

Bingo bonus track!

E hoxe un bonus track!!
Coas nosas rapazas e rapaces da mañá estivemos xogando un bingo. Pero claro se saía un numero rematado en cinco tiñan que facer unha grulla:
E se saía un número rematado en seis tiñan que facer un bisbal:



Espero que disfrudes destes segundiños de movemento destes pequenos artistas!!

Outra semana máis...

Outra semana máis que vai pasando.
Nesta tivemos a Mirian botándolle unha mán á Rata Lectorina cun conto dos clásicos, clásicos pero, chulo, chulo. "A princesa e o chícharo"

Ademáis e relacionado cos contos que nos deixan moi amablemente na biblio (pinchade en biblio e podedes ver o seu blog). Fixemos unha caixiña moi xeitosa para que os contos estiveran ben gardados e protexidos de golpes e pérdidas. Gústavos?
E para rematar, unha de pintura!Pero esta vez, nada de cartulina, papeis, cartón....Non, está vez, Pintapedra! Que bonitas quedaron, e podemolas usar de pisapapeis, para decorar unha estantería ou para poñer nunha maceta cunha pranta ben xeitosa!!!! Enfin, o que se vós ocorra.






viernes, 25 de enero de 2013

ENTROIDO 2013



Queridos pais e nais:

         O Programa Concilia infórmaos de que o prazo para inscribir @s nen@s PARA O  ENTROIDO 2013(DÍAS 11 E 13 FEBREIRO) queda aberto.
Para anotar ó nen@ é OBRIGATORIO  entregar na Aula D’abaixo:

·        A ficha de inscrición do curso 2012-13 (que poden solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula D’abaixo).
·        Certificado de empadroamento do nen@ OU do pai OU da nai OU dos titores legais.
·        Certificado da empresa de traballo no que figure o horario laboral dos País/nais.

*QUEDAN EXENTOS DE ENTREGAR O CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO E OS CERTIFICADOS LABORAIS TODOS AQUELES NENOS QUE XA OS ENTREGARAN PARA O CURSO 2012-2013.
Moitas gracias, un saúdo
OS MONITORES DA AULA D’ABAIXO
25 de XANEIRO de 2013

Xoves que te quero xoves!

O día de onte estivo cheo de moitas cousas para @s nos@s piratas!

Empezamos cedo pola mañá co xogo do burriño, madremía que despiste levaban algúns, e senón, mirade!






 Pola tarde, como xa vimos que andaban despistados con isto da dereita e a esquerda, levamos un par de xoves con xogos de orientación. Onte tocou: Aprender a ler un plano dunha casa e colocar os mobles na habitación correcta e no sentido xusto, e sabedes que?
Que non o fixeron nada mal.
Mirade, mirade!





E para rematar, os máis pequeniños coñeceron de primeira mán a unha ratiña moi moi moi presumida!

jueves, 24 de enero de 2013

A rata lectorina " "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis"

Unha nova semana, un novo conto. Desta vez a nosa rata lectorina foi acompañada por Andrea Nine que   contounos a historia de "cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis".



martes, 22 de enero de 2013

A neve chegou

E para os máis madrugadores do ben-Cho-Shei, un regalazo de mañán!





lunes, 21 de enero de 2013

Puzzle reversible

O martes pola tarde, día de manualidades fixemos un puzzle superchulo!Con arañas, pantasmas, cabazas e gatiños, quen da máis?



Baila nas nubes

Esta semana (o xoves) volveu a nosa amiga a Rata Lectorina acompañada dun conto novo, "Baila nas nubes", contado por Silvia.
A historia conta a vida dunha rapaciña que soñaba con bailar nas nubes.



Pero ademáis, o martes, tivemos un momentiño para ler e descubrir novas aventuras nos libros e nos xornais. E todo iso....... en silencio SHHHHHHHHH!



jueves, 17 de enero de 2013

Gimkana na alborada!!

Hoxe pola mañá como tiñamos os cativos coma moi durmidos e esmorecentos, decidimos espertalos cunha boa gimkana.
Dividos en grupos, con nomes tan molones como "Los Sinnombre", "Los Peques" e "Revoltosos".
Tiveron que desenvolverse con rapidez, inxenio, axilidade, velocidade e moita imaxinación para superar as terrrribles probas que Os Monis puxéramoslles.

E así cinco valentes voluntarios defenderon as opcións de cadanseu grupo.
E sen máis, as fotos da gimkánica mañá.

Construír unha piscina!!
 Montar o escarabello!!
 A torre máis alta!!
 As liñas de cores!!
 Atar os zapatos!!
 A fonte humana!!

E sempre, sempre os compañeiros coma infatigables siareiros, animando sen parar os participantes.
Noraboa a tod@s!!

miércoles, 9 de enero de 2013

Unha tarde calquera na aula pirata!

Onte tivemos un tarde ben agradable na aula pirata. Tocou manualidades, asi que tanto os cativos máis pequenos coma os máis maiores puxeronse a traballar.




 E despois, para repoñer forzas: MERENA; MERENAAAAAA!!!Ñam a zapar!!!



Os máis traballadoresnon dubidaron nin instante en poñerse a facer tooooooooodo un monte de deberes, para ter o resto da tarde libre!

E mentres uns estudiaban, outro xogaban e recollían todos os trastos do chán!

Pulseiras molonas para o último día de vacacions de nadal

Para despedir o Nadal, fixemos unhas pulseiras molonas molonas. Ai as tedes, mirades de xoieir@s en potencia temos por eiquí!