viernes, 27 de diciembre de 2013

Cantas cousas fixemos hoxe!

Pois si, cantas cousas fixemos hoxe...Tantas que acabamos estomballados por todo o barco pirata e durmindo a sesta do borrego!

Primeiro que nada, empezamos a mañá ben cedo...Entrounos un momento inspiración e con cachivaches que fumos atopando polo barco (selos que fixeramos para outras manulidades, azúcar, arroz, esponxas, pinturas diluidas...), montamos nun tris tras un precioso mural para decorar o camarote do capitán.

 Aqui podedes ver como a pirata Paula pinta con pintura diluida sobre azucre. Asi creamos un cuadro con texturas e cores diferentes.


 Mirade mirade, vedes como queda?
 E os gurmetes Héctor e Felipe tamén axudaron...Cunhas esponxas en forma de nubes decoraron todo o ceo da nosa paisaxe

 Pero mira como pinta os piratas da aula, pero mira como pintan....

E eiquí o resultado final! Que tal?

Pero a mañá non rematou eiqui. Non, non...

Mentres os máis maiores dos piratas entrenaban os seus reflexos con xogos:



Os piratas pequenos preparaban as postais de nadal para mandar as súas familias.
 Cortando, pegando

 coloreando...

Et voilá! Un resultado estupendo para que os familiares que se atopan lonxe non boten de menos a estes piratas!


Pero señoras e señores...Non todo é traballar. tamén disfrutamos do tempo libre e dos xogos que por aí temos gardados.




lunes, 23 de diciembre de 2013

BO NADAL!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Os monit@s e nenos da aula D'abaixo queremos desexarvos un "Bo Nadal" 

E para celebrar o Nadal fixemos  "Cake pops"

1º Desmenuzamos biscoito
2º Mezclamos con queixo mascarpone
3º Facebos bolas, untamos un pau de pincho moruno con chocolate derretido, clavamos a bola no pau e metemos no conxelador.
4º Untamos cunha capa de chocolate derretido e decoramos




Probade na vosa casa e enviádenos fotos.



 

jueves, 19 de diciembre de 2013

Versión de nadal

E xa pasou o gran día! Estivo cheo de medos, de nervios e de emocións.

Gracias a todas e todos as que viñechedes a vernos, foi moi agradable pasar un rato con vós e que tiverades a oportunidade de ver o que andamos a argallar os mércores pola tarde no obradoiro de teatro.

Este ano, a obra foi ambientada nun cole no que acontecen cousas incíble e cheas de máxia.
Tivemos a sorte de contar cunha presentadora de luxo Miriam Guillen Cuervo e os protagonistas da obra "Volve a casa polo Nadal" para presentarnos esta coprodución.

A obra foi baseada nunha idea orixinal d@s nen@s da aula de teatro.

E para rematar a tarde, non pudo faltar unha panxoliña cantada polos máis cativos.

Pero, eiquí tendes as fotos:

                                          Último ensaio antes da chegada dos papás e mamás

E xa van chegando algúns dos noso invitad@s 
 
                                                           Empeza "Versión de Nadal"













miércoles, 18 de diciembre de 2013

FESTIVAL DE NADAL



PRODUCCIÓNS
 " A VACA PIRATA" 
PRESENTA:



Festival de nadal
2013



Lugar: Aula D’Abaixo (677838878)    
Día: 18/12/2013
Hora:18:15

miércoles, 11 de diciembre de 2013

Chegou o inverno!!!



Chegou o inverno e chegou con forza e aos nosos piratas parece que lles encanta.




E non hai nada mellor para pasar o frio que unha boa aperta


jueves, 5 de diciembre de 2013

CONCILIA NADAL



Queridos pais e nais:

         O Programa Concilia infórmavos de que o prazo para inscribir @s nen@s PARA AS ACTIVIDADES DE NADAL (23,26,27,30 de Decembro e 2,3,7, 8 de Xaneiro) comezará o 2 de DECEMBRO.
A partir dese día, poderán entregar a inscrición, xunto coa documentación que se describe a continuación, na aula d’Abaixo.
·        A ficha de inscrición do NADAL 2013-14 (que poden solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula D’abaixo).
·        Certificado de empadroamento do nen@ OU do pai OU da nai OU dos titores legais.*(excepto aqueles nenos que xa os entregaran para o curso 2013-2014).

·        Certificado da empresa de traballo no que figure o horario laboral dos Pais/nais. Os autónomos terán que cubrir unha declaración xurada do seu propio horario, esta folla pódena solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula D’abaixo)..*(excepto aqueles nenos que xa os entregaran para o curso 2013-2014).


Moitas grazas, un saúdo
OS MONITORES DA AULA D’ABAIXO
5 DE DECEMBRO de 2013

lunes, 2 de diciembre de 2013

Día de contas

O venres adicamos a tarde a xogar cos números. primeiro no pizarra e despois estreando a nosa MATEMÁQUINA.



Este trebello resulta moi motivador para os pequeno e non tan pequenos para achegarse aos números e para aprender a sumar.
Se buscades por internet seguro que atopades moitos modelos diferentes. Nós fixemos este.... (con 4 caixas, algo de pintura, un pouco de velcro e imaxinación para decorar).
E mira que lles gustou botar os pompóms polos tubiños para contalos despois. Iso si, só un ratiño que contar cansa. Outro día, outro pouco!

E despois, para poñer en práctica todos eses número tivemos sesión de BINGO!