jueves, 22 de noviembre de 2012

Ponte do 7 de Decembro



Queridos pais e nais:

         O Programa Concilia infórmaos de que o prazo para inscribir @s nen@s PARA O DÍA 7 DE DECEMBRO DE 2012 (DÍA NON LECTIVO)          queda aberto.
Para anotar ó nen@ é OBRIGATORIO  entregar na Aula D’abaixo:

·        A ficha de inscrición do curso 2012-13 (que poden solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula D’abaixo).
·        Certificado de empadroamento do nen@ OU do pai OU da nai OU dos titores legais.
·        Certificado da empresa de traballo no que figure o horario laboral dos aís/nais.

*QUEDAN EXENTOS DE ENTREGAR O CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO E OS CERTIFICADOS LABORAIS TODOS AQUELES NENOS QUE XA OS ENTREGARAN PARA O CURSO 2012-2013.

Moitas gracias, un saúdo
OS MONITORES DA AULA D’ABAIXO
22 de Novembro de 2012


martes, 20 de noviembre de 2012

Un outono ben vivo!

O Outono trae choiva, vento, frío...Pero tamén trae miles de cores nas paisaxes, árbores laranxas, aflombras cheas de follas nas rúas, cogumelos ricos nos montes,días soleados, arcos da vella despois da choiva, magostos,castañas, tardes na lareira e máis cousas que dan moito gustiño e que fan bonitos os noso montes e as nosas rúas.
Os piratas, aproveitando todo iso que nos trae o outono, desta vez decidimos decorar o noso barco con follas enorrrrrrmes que atopamos polo chán e dárlles unha segunda vida.
O resultado: ESPECTACULAR, coma sempre.

E co que nos quedou, aproveitamos para decorar as paredes da aula.(Última foto)


















lunes, 19 de noviembre de 2012

Os selos salerosos para libros rumbosos


E hoxe presentamos unha grande nova, os resultados dun novo obradoiro de manualidades feito polos nosos pequenos usuarios.
Un selo persoalizado para marcar esas cousas que nos importan e que non se perdan na voráxine que son as clases, vacacións etc.

E todo cun sorriso na boca.



viernes, 16 de noviembre de 2012

TÓDOLOS LOS QUE SOMOS ÁS MAÑÁS


¡Moi boas!, aquí estamos tódolos que somos polas mañás, sentadiños para podernos contar xusto antes de empezar as clases e despois dunha mañá de xogos. Un saúdo a todos, ¡Ata outra que ésta xa pasou.!

          

jueves, 8 de noviembre de 2012

Castañas e máis castañas!









Viva, viva!Co frío chega a castaña, e ca castaña....O magosto! Nós xa temos o noso mural rematado...Aí vai unha mostra e, ao final da entrada un enlace para ver a reportaxe gráfica dos esforzos sobrehumanos d@s piratas para rematalo a tempo.


Pero iso non é todo, o outro día, xa puidechedes coñecer a DONA CASTAÑA, e hoxe, temos o placer de presentárvos a SUPERCASTAÑAZO!!!A ver que acerta mellor a lanzarlle castañas na súa xigantesca boca?






Un saudo pirata!!!!

martes, 6 de noviembre de 2012

Señora Castaña



Como xa andamos en tempos de magostos, e prender un lume na Aula como que non, porque afundaríamos o noso barquiño. Andamos a trangallar coas castañas para ver que podemos facer con elas.  Para mostra, un botón:





Ademáis, como non estábamos cansos, seguimos con novos deseños da Dona Castaña:
E como "bonus track": conseguimos atrapa-la pantasma do pasado venres, e aquí, en primicia, amosámos unha foto dela:


Unha ponte terrorífica

















Tamén fixemos unhas pantasmiñas de legumbres, pero co susto que nos deron, nin fotos fixemos!

Saudos doces e ata dentro dunha nova entrada!!!!