miércoles, 26 de enero de 2011



Como traballan os nosos nenos, que ben quedaron os portafotos.

lunes, 24 de enero de 2011

Xogando con pes e as mans.




Nun entretenido xogo de música, correr e posicións imposibles os máis cativos pasron un bo rato.
Quen sabe se destes intres sae un gran danzante...

jueves, 20 de enero de 2011

Inauguración do Museo Pirata


ATENCIÓN, ATENCIÓN QUE HAI NOTICIÓN:


Xa podemos anunciar a bombo e platillo que o Museo Pirata abriu as súas portas onte. Todos os artistas e participantes estamos orgullosos e orgullosas de invitarvos a vir dar un paseiño e ver os marabillosos cadros que xa están expostos e a disposición do público. A entrada é de balde e si avisades con tempo, igual ata é posible que algún dos noso guías especializados vos explique porque o home de Munch grita desa maneira ou porque a Gioconda é "Mona" e é "Lisa".





Pero hai moitos máis cadros, e incluso tivemos unha exposición temporal de estatuas moi especiales.

Info para os papás e mamás


Papás e mamás, o próximo mércores día 26 de xaneiro, terá lugar unha reunión informativa acerca das actividades que desenvolvemos na aula Pirata, aí vós vai a carta que mandaremos en breves!!!


Un saudiño!






O Pereiro de Aguiar , 19 de xaneiro de 2011

Estimados/as pais e nais:

O próximo mércores día 26 de xaneiro terá lugar unha reunión informativa no Salón de Plenos do Concello ás 20:15 h.

Nesta reunión, falaremos de varios puntos referidos ao Servizo de Acollida de mañá e ao Servizo de Actividades extraescolares da tarde.

Da mesma maneira tamén haberá oportunidade para resolver cantas dúbidas poidan xurdir.

Agradeceríamos a súa presenza, xa que entendemos que é importante para a mellora do servizo.

Atentamente.

A coordinadora .

Asdo.: Ana Gómez Vázquez.