viernes, 27 de agosto de 2010

MURAL REMATADO!!!!

Mural rematado, aí tendes a mostra do moito e ben que traballaron todos os nenos/as de 3 a 5 anos!

jueves, 26 de agosto de 2010

@s piratas na arte mural!!!!

Hoxe comezamos a gran obra pictórica nas paredes exteriores da nosa aula Pirata situada no Concello de Pereiro de Aguiar .

@s nen@ maiores de 5 anos regresaron á época prehistórica,pintando un calcolitico.

@s nen@ de 3 a5 anos estan a pintar unha paisaxe rural.

Aí van as fotos d@s nos@s artistas...

By Santi




martes, 24 de agosto de 2010

Cocer o barro!!!

Pero, ademáis de traballar o barro, tamén probamos a cocelo nunhas tinas enorrrrrrrrmes de barro con serrín...E bueno, o intento é o que conta non?!



Obradoiros e máis obradoiros



A semana pasada, fíxeronse varios obradoiro: de coiro, de pulseiras e de barro...Aí van algunhas fotos!




Excursión o Aquis Querquenis e Muiños
















Odía 17 de agosto todos os nenos/as da aula pirata que quixeron vir e máis algún que outro moni como Lucia (que nos veo botar unha mán), fumos ao Aquis Querquenis a ver o Xacemento romano e a Muiños a darnos un baño (as fotos do baño viran máis adiante). No Aquis fumos primeiro ao Centro de interpretación, onde nos atendeu unha rapaza moi simpática que nos contou un pouco a historia do camapento romano e nos puxo unha peli, alí tamén puidemos ver a Cow Parade (unha exposición de vacas pintadas de todas as maneiras posibles. Despois fumos a ver o xacemento e descubrimos que o Feldespato é unha pedra con moitas propiedades. Ao mediodía e despois de pasar moita calor, o bus levounos a Muiños onde nos atopamos con todos os/as nenos/as do campamento do Pereiro e algún s de nós aproveitamos para bañarnos ou participar nunha xincanan de auga!!!

martes, 10 de agosto de 2010

Colchoneta's day






Hoxe pasamos boa parte da mañá no pabellón....E ahí fixemos moitos xogos coas colchoneta...Saltos, carreiras, camiñar de diferentes maneiras....E para mostra un fotos!!!

lunes, 9 de agosto de 2010

Entrega de premios






Hoxe e despois de tanto traballo, entregáronse "OS PREMIOS Á MELLOR CAIXIÑA".

Na categoria dos máis pequenos (de 3 a 5 anos) o gañador foi Lucas
Na categoria dos medianos (de 6 a 9 anos) o gañador foi Aarón
Na categoria dos maiores (de 10 en adiante) a gañadora foi Andrea

As caixiñas

O venres adicamos a mañá a pintar e decorar unhas caixiñas de madera. Para iso primeiro fixemos unha decoración con relive coa axuda de papel de xornal e cola branca....E despois con imaxinación e moitas ganas, A PINTAR!




viernes, 6 de agosto de 2010